O alumnado de 4º nivel, tivo un encontro dixital o 14 de maio con Pere Tabaruela.
Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con cinco títulos:
Formig4s. Misión París, 2014
Formig4s. Misión Nova York, 2014
Formig4s. Misión Barcelona, 2015
Formig4s. Misión Tokyo, 2017
Formig4s. Misión Camiño de Santiago, 2019
Os alumnos de cuarto nivel lerón o último capítulo da serie Formigas, e están acabando de ler a serie enteira. Así fixemos un montón de preguntas ao autor, que neste libros axuda a conmemorar o ano Santo, Xacobeo 2021.
Comentarios
Publicar un comentario