Celebramos o día das LETRAS GALEGAS, coa semana cultural. Programamos exposicións de lapbooks sobre o proxecto "PERSOAS QUE DEIXAN PEGADA" , teatro de sombras, charla sobre o encaixe de Camariñas e festival con teatro e cancións en galego.
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach
Ao longo do curso fomos recollendo información e plasmándoa nun lapbook que fixemos individualmente na casa coa participación das nosas familias.
As familias e alumnado de todo o celexio visitamos a exposición. Algún alumno de cada clase falounos das persoas que traballaron e explicaron colaborativamente os seu labook. Foi unha actividade moi educativa, entretidas e emocionante, na que aprendemos moitas cousas novas sobre diferentes persoas.
SEMANA CULTURALDAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario