Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comenzamos un novo curso coas lecturas das novas mochilas viaxeiras lectoras. Imos ler moito!!!

CONTACONTOS DE MEDO: SABELA GAGO

Todo o alumnado do colexio gozou dunha xornada de contacontos. Foron tres contos e, os alumnos tamén os escoitaron en tres grupos. Os contos afondaban nos monstros internos, e a superación de diferenzas entre as persoas.

SAMAÍN NA BOBLIOTECA

Programamos varias actividades: Decoración da biblioteca e da entrada do colexio. VII certame do  cómic de medo co tema da ecoloxía e a sostenibilidade. Taller de escritura, coa creación da pócima " LECTURA" de moito medo. Exposición de libros de medo na biblioteca. Mochila lectura viaxeira con cinco libros de medo para 3º e 4º nivel.

ANIMACIÓM LECTORA DA CONTACONTOS ÁNGELES

Canta escuridade! Cabazas por todas partes cunha pinta que mete medo e algún que outro esqueleto.. Chegou o Samaín! O alumnado transformouse en seres arrepiantes e Sabela Gago veu contarnos un conto. Non te perdas a nosa tradicional exposición de cabazas! Grazas ás familias pola súa colaboración na ambientación do colexio. ANIMACIÓN LECTORA DA CONTACONTOS ÁNGELES on PhotoPeach

BENVIDA Á BIBLIOTECA E AO NOVO EQUIPO DE AXUDANTES

Un novo ano de lecturas e axudantes da biblioteca. PARABENS!

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o día das LETRAS GALEGAS, coa semana cultural. Programamos exposicións de lapbooks sobre o proxecto "PERSOAS QUE DEIXAN PEGADA" ,  teatro de sombras, charla sobre o encaixe de Camariñas e festival con teatro e cancións en galego. SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach Ao longo do curso fomos recollendo información e plasmándoa nun lapbook que fixemos individualmente na casa coa participación das nosas familias. As familias e alumnado de todo o celexio visitamos a exposición. Algún alumno de cada clase falounos das persoas que traballaron e explicaron colaborativamente os seu labook. Foi unha actividade moi educativa, entretidas e emocionante, na que aprendemos moitas cousas novas sobre diferentes persoas. SEMANA CULTURALDAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach

ROTEIRO LECTOR ATA A PRAIA DE BOUZAS

O mércores 22 de maio, tivemos unha xornada de lecer, combinando o fomento da lectura e o exercicio práctico. Fomos camiñando dende o colexio ata a praia de Bouzas, alí comenzamos a ler no atrio da igresia de San Miguel de Bouzas. Logo merendamos e xogamos na praia, tomamos xeado e camiñamos de volta ao colexio. ROTEIRO LECTOR ATA A PRAIA DE BOUZAS on PhotoPeach

LECTURAS COMPARTIDAS CO COLEXIO CEIP SEIS DO NADA

O venres 24 de maio celebramos o quinto ano de "LECTURAS COMPARTIDAS" de apadriñamento lector dos alumnos do noso colexio co centro "CEIP Seis do Nadal" do noso barrio. A actividade consiste no encontro do parque da Bouza do barrio para ler xuntos e despois merendar e xogar. LECTURAS COMPARTIDAS CO COLEXIO CEIP SEIS DO NADAL on PhotoPeach

NOVA MALETA VIAXEIRA DO CEFORE DE INCLUSIÓN

Temos a maleta viaxeira do CEFORE durante todo o mes de maio. Comenzamos a súa lectura por cuarto nivel e chegará ao primeiro nivel. Esta maleta profundiza nos valores e nos temas de inclusión.

VISITA DE CARLOS TABOADA

O escritor Carlos Taboada, estivo no colexio para falarnos do seu libro "A BIBLIOTECA DE PEDRALCANA" para o alumnado de 5º nivel. Contou de novo o conto facendo ilustracións propias. Moitas grazas. VISITA DE CARLOS TABOADA on PhotoPeach

VISITA DE IAGO LÓPEZ

O autor do libro "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS" estivo connosco o pasado 2 de maio. Dramatizaron o conto que lemos en primeiro e en segundo nivel.

DÍA DO LIBRO 2019

Un ano máis tivemos unha xornada de lectura ao aire libre no patio do colexio. O alumnado do 4º,5º,6º fixeron de padriños lectores dos alumnos e alumnas de 1º,2º e 3º respectivamente. Todos gozamos de un gran día de lecturas compartidas para celebrar o 23 de abril. DÍA DO LIBRO 2019 on PhotoPeach

VISITA DE PEDRO MAÑAS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º NIVEL

O pasado día 11 de abril estivo connosco o escritor "Pedro Mañas" para falarnos de dous dos seus libros "APESTOSO TÍO MUFFIN" "UNA TERRIBLE PALABRA DE NUEVE LETRAS".  Explicounos cómo chegou a ser escritor e os seus libros favoritos. Despois de dar resposta ás nosas preguntas, asignou os nosos libros. Mostrounos moito agarimo e humor. VISITA DE PEDRO MAÑAS PARA O ALUMNADO DE 3º E 4ºNIVEL on PhotoPeach

VISITA PARA 6º CURSO DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTAS

O venres 5 de abril, visitounos Teresa González Costa, autora de "A noite das bicicletas" , libro que lemos ao longo deste trimestre. Falounos de como creou a trama, os personaxes, en quen se inspirou... Fixémoslle unha morea de preguntas. Firmou os nosos exemplares e tamén firmou no libro de visitas da biblioteca. Pasamos un rato moi ameno. Grazas, Teresa! VISITA PARA 6º CURSO DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTA on PhotoPeach

DÍA DA MULLER, 8 DE MARZO

Na biblioteca Moraima celebramos este importante día,  cun lote de novo fondo inclusivo, sobre lecturas de empoderamento da muller pioneira.

DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO DE 2019

O xoves 21 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha lectura colectiva en Voz Alta. Neste acto uníronse a celebración do aniversario do nacemento da autora co Día Mundial da lectura en Voz Alta. A actividade programada polos equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística realizouse no salón de actos, alí o noso alumnado recitou as poesías traballadas nas súas aulas. Rematada a lectura fíxose entrega dos agasallos: Un libro e unha flor. O venres 22 continuamos coa homenaxe adicándolle a Rosalía o programa semanal na nosa Radio Celio. DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO DE 2019 on PhotoPeach

CONTACONTOS

CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º NIVEL AOS COMPAÑEIROS DE 3º E 4º NIVEL O equipo da biblioteca contou coa axuda de cinco alumnas de 6º nivel, para facer unha lectura dramatizada do libro "BAILAR COAS NUBES" Houbo unha presentación con imaxes do libro-álbum, coa dramatización plástica da lectura e a explicación da formación das nubes e os tipos de edificios. CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º NIVEL AOS COMPAÑEIROS DE 3º E 4º NIVEL on PhotoPeach

ANIMACIÓN DE EDUCACIÓN EMOCIONAL CO LIBRO "COMO ENCENDER UN DRAGÓN"

Este novo libro adquirido pola biblioteca. Trata sobre a demostración da afectividade. Foi posta en circulación en 4º nivel.

DÍA DA PAZ

O equipo, como complemento ás distintas programacións de aula, e a colaboración coa orientación do centro nas actividades da "cápsula do tempo", iniciou a rotación da lectura do baúl " 10 lecturas pola paz" ,  con novo fondo de valores e de inclusión. Comenzan a circular polo 3º nivel.

COMENZAN AS NOVAS MOCHILAS VIAXEIRAS

No mes de xaneiro, volven a circular as renovadas mochilas viaxeiras do fondo adquirido e variado.

RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE NADAL

Todos os anos a biblioteca programa lecturas no mes de Nadal, para logo no terceiro trimestre facer un encontro con actores. Este ano seleccionamos seis lecturas.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Este ano decoramos a biblioteca de Samaín, e fixemos unha exposiciòn de libros de medo. Tamén programamos unha dramatización de tres lendas galegas para todo o colexio, a cargo de actriz "Raquel Queizás" SAMAIN NA BIBLIOTECA on PhotoPeach SAMAIN DRAMATIZACION "RAQUEL QUEIZÁS" on PhotoPeach

CONTACONTOS DE FAMILIA "SEMANA DA TRADICIÓN ORAL GALEGA"

Este curso no 4º nivel, dúas familias colaborarán para celebrar unha actividade de "Tradición Oral Galega" Un pai e uha nai mostraron instrumentos galegos aos alumnos de 4º e 1º nivel. Logo contaron o conto da "A leiteira" e finalmente cantaron a canción tradicional "A saia da Carolina". CONTACONTOS DE FAMILIA: SEMANA DA TRADICION ORAL GALEGA on PhotoPeach

NOVO "LIBRO RETO" DA BIBLIOTECA

Este ano o "reto" lector de todo o colexio consiste en ler todo o almnado o libro "O LOBO CON BOTAS" do autor "El hematocrítico" e do ilustrador Alerto Vázquez.

NOVOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA MORAIMA 2018-2019

Damos a benvida desde a biblioteca Moraima e estes axudantes dos recreos.