Os alumnos/as 3ºAB visitaron a biblioteca Neira Vilas de Vigo para reforzar a súa formación de usuarios. Como actividade final a bibliotecaria fixo un contacontos do libro "A árbore xenerosa" e finalmente tamén lemos libros seleccionados por ela. Foi unha xornada moi lectora!
VISITA A BIBLIOTECA NEIRA VILAS on PhotoPeach
Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal. Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web: WWW. XERAIS.GAL e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles. Bo nadal e felices lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario