A escritora María Canosa visitounos para os alumnos de 4º e 6º nivel. Unha actividade final despois de leer os libros " A cazadora de estrelas" e "Muriel", éste último premio Merlín de literatura. ENCONTRO CON AUTORES: MARÍA CANOSA on PhotoPeach
A actriz galega de Olga Cuervo, fixo unha dramatización do seu contacto cos libros, e logo presentounos a animación lectora do libro "OJO DE NUBE" de Ricardo Gómez. ANIMACIÓN LECTORA DE OLGA CUERVO on PhotoPeach
No último trimestre colaboramos co CEFORE de Vigo na entrega de mochilas de cómic e poesía. As mochilas estiveron en tercer e sexto nivel.Unha selección de lecturas moi interesante. ENTREGA DE MOCHILAS DO CEFORE on PhotoPeach
O alumnado do colexio San Rafael teatralizou a obra do libro "Monstruo de cores", utilizando un teatrillo de sombras. Fixeron unha actividade de Educación inclusiva, dramatizando unha obra que reforza a educación en valores. TEATRO DE SOMBRAS on PhotoPeach
O mércores día 16 de maio, celebramos a Festa da Reconquista de Vigo no colexio, dentro da Semana Cultural das Letras Galegas. A biblioteca Moraima participou cun posto de "intercambio de libros", libros que, voluntariamente traían das súas casas.
Os alumnos/as 3ºAB visitaron a biblioteca Neira Vilas de Vigo para reforzar a súa formación de usuarios. Como actividade final a bibliotecaria fixo un contacontos do libro "A árbore xenerosa" e finalmente tamén lemos libros seleccionados por ela. Foi unha xornada moi lectora! VISITA A BIBLIOTECA NEIRA VILAS on PhotoPeach
A Xunta de Galicia e Bibliotecas Escolares de Galicia diseñaron esta web para préstamo dixital de libros on line e películas. Aprobeitade!! (pendente de imaxes)