Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

PARABÉNS AO EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Un grupo de dezaoito alumnos de quinto e sexto nivel foron os aplicados axudantes nas distintas tarefas da biblioteca. A todos eles moitas grazas e ata o ano que ven! ATENCIÓN Por  problemas técnicos na administración do blog, non é posible ver as fotos nesta páxina. Estamos a solucionar o problema. Podedes ver as imaxes na galería fotográfica da web do colexio Celso Emilio Ferreiro. 

EXPOSICIÓN FINAL DO NOSE POXECTO "DOCE RAÑACEOS, DOCE PAÍSES" en imaxes

O estudo de cada un dos rañaceos e a cultura do seu país formará parte dun dossier impreso como libro na biblioteca. A fase de expresión plástica en maquetas dos diferentes rañaceos seleccionados e das propias recreacións das familias, forma parte dunha exposición final no mes de xuño na entrada da planta baixa do colexio. Esta exposición final forma parte desta montaxe fotográfica de recompilación dos nosos alumnos .

ROTEIRO LECTOR DO ALUMNADO DO TERCEIRO NIVEL ATA A PRAIA DE BOUZAS

    Na contorna próxima ao colexio,   como actividade final a biblioteca deseñou un roteiro lector para os alumnos de terceiro de primaria, unindo a lectura e o exercicio físico, pois foron andando desde o colexio un kilómetro e medio ata a praia e volta. Ao chegar a praia colleron os libros e comezaron a lectura. Co obxectivo de promocionar a lectura en espazos abertos e sociais, e favorecendo o hábito lector lúdico noutros momentos de lecer do alumnado. Finalmente, xogamos un pouco na area   da praia, compartindo xogos na praia e volta a camiñar facendo exercicio físico ata o colexio.

ENCONTROS LECTORES "LECTURAS COMPARTIDAS" intercolexios do barrio

        Programamos no "Mes de abril, mes dos libros" a carón desta celebración,  encontros lectores con outros centros próximos ao noso. Co bo tempo de compaña  tivemos coa EEI Cristo da Victoria , un encontro lector tamén de apadriñamento lector dos alumnos de segundo de primaria, padriños do alumnado de infantil de cinco anos, no  Parque da Bouza de Coia. Foi unha xornada de fomento da lectura, emocións e xogos finais.

CONFERENCIA FINAL "DOCE RAÑACEOS DOCE PAÍSES"

·          A última semana de maio tivemos unha conferencia final, sobre o noso proxecto de centro de rañaceos. Foi ofrecida por un pai de 4ª A , dada a súa profesión de arquitecto e a súa vinculación co tema investigado, ofreceu unha charla con presentación dixital sobre os rañaceos, como broche final da programación da biblioteca. Parabéns para esta familia pola súa colaboración.

CONTACONTOS "FELIZ FEROZ: UN LOBO RIQUIÑO"

Os alumnos de primeiro e segundo nivel co motivo da programación do "Mes de abril, dos libros" tiveron un contacontos do libro " Feliz feroz: o lobo riquiño " de El hematocrítico de Editorial Xerais , todos xuntos gozamos da representación das aventuras dun lobiño moi bo que non podía ser feroz. CONTACONTOS "FELIZ FEROZ UN LOBO RIQUIÑO" on PhotoPeach

FERIA DO LIBRO

O pasado mércores 25 de maio, o alumnado de 1ºA e B, foron convidados a Feira do Libro, que organizou a E.E.I “Cristo da Victoria”, co motivo das Letras Galegas . A directora Candela e a mestra Choni, recibíronnos con moito agarimo. Ensináronnos a exposición dos libros donados polos pais, máis os libros elaborados polos propios nenos e nenas. Foi moi emotivo xa que algúns deles os fixeran eles. De despedida recibiron un agasallo: unha poesía de Manuel María, unha pegatina da mascota do centro , “ Dona Victoria”, a man amiga e un paquetiño de gusanitos. Pasamolo moi ben!!!!.    FERIA DO LIBRO NO CRISTO DA VICTORIA on PhotoPeach