Ir al contenido principal
SEMANA DA TRADICIÓN ORAL GALEGA 2013

 A segunda semana de novembro está dedicada á Literatura de Tradición Oral e dende a biblioteca programamos distintas actividades como un xeito de achegar ao alumnado aos textos de tradición oral.

 + O primeiro ciclo prepararou un recital de cantigas da escolma do libro Pan de millo do grupo Migallas.

  

+ O segundo ciclo presentou, a partir do libro Chirlomirlos, varias sortes e cancións de xogo da goma en Educación Física.

  

+ O terceiro ciclo estudou os trovadores cun recital con cantigas de amigo e amor de Martín Códax, Rodrigues de Calheiros, Paio Soares e Pero da Ponte.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Lecturiñas molonas para este Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa tedes aquí as lecturas para engadir á vosa carta de desexos de Nadal.  Mostrámosvos os libros que o alumnado lerá en cada un dos cursos: No caso de 5º de EP, xa que tes que escoller un libro de todas as opcións, como saber se ese libro é para ti? Para poder ler a sinopse de cada libro, consultar o nivel ou número de páxinas de cada un e así saber cal se adapta mellor a ti, podes usar o buscador da web:  WWW. XERAIS.GAL  e despois segue estos pasos: Esperamos que gocedes moito con cada un deles.  Bo nadal e felices lecturas! 

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Obradoiro de pulseiras e robótica polo 25 N

No día de hoxe os cativos e cativas do cole puideron desfrutar duns obradoiros de robótica e pulseiras polo 25 N.  A verdade é que foi un éxito!  Repetiremos pronto! Vos deixamos cun resumiño: