Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014
O DÍA DA PAZ Este curso desde a biblioteca estamos a traballar a temática do día da paz con diferentes materiais según os ciclos. + No primeiro ciclo escollemos a preciosa historia de O Patiño Feo,   de Hans Christian Andersen, nunha adaptación para primeiros lectores do conto máis universal do creador da literatura infantil. Porque a beleza física só é un punto de vista... + No segundo ciclo traballamos co conto de Eduardo o neno máis terrible do mundo , de John Burningham,  un texto conmovedor e reflexivo para transmitirlles aos lectores unha lección de civismo, educación e sensibilidade. As peculiares trasnadas do protagonista vense cunha óptica benevolente, porque todos merecemos a oportunidade de corrixir os nosos defectos para ser mellores persoas. + No terceiro ciclo traballamos a figura do escritor Paulo Coelho, e descubrimos algúns dos seus contos.
APADRIÑAMENTO LECTOR Desde o equipo de Normalización Lingüística partíu a idea de que os nenos maiores apadriñasen aos máis pequenos, adicando un día da semana a lerlles aqueles libros que os seus afillados soliciten. Para levalo a cabo a biblioteca púxose a disposición de padriños e afillados, tanto no préstamos dos libros como das instalacións.
MOCHILAS VIAXEIRAS Xa están aquí un ano máis as mochilas viaxeiras! Todos os nenos e nenas poderedes levar a casa a mochila correspondente a vosa clase ao longo do curso, e como sempre no seu interior poderedes atopar novela, poesía, cómic ou álbum ilustrado, ademáis de revistas e dvds, tanto en galego como en castelán. Recordade que tedes que devolvela en perfecto estado para que os vosos compañeiros tamén poidan disfrutar con ela.    
SEMANA DA TRADICIÓN ORAL GALEGA 2013   A segunda semana de novembro está dedicada á Literatura de Tradición Oral e dende a biblioteca programamos distintas actividades como un xeito de achegar ao alumnado aos textos de tradición oral.  + O primeiro ciclo prepararou un recital de cantigas da escolma do libro Pan de millo do grupo Migallas .     + O segundo ciclo presentou, a partir do libro Chirlomirlos, varias sortes e cancións de xogo da goma en Educación Física.     + O terceiro ciclo estudou os trovadores cun recital con cantigas de amigo e amor de Martín Códax, Rodrigues de Calheiros, Paio Soares e Pero da Ponte.