O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE
Dende a Biblioteca o noso amigo Celio querevos animar a participar nun traballo
colaborativo que implique a todo o centro.
Aproveitando a actividade do horto escolar que tanto interese suscitou, propoñemos a
todos os grupos un traballo de investigación sobre aspectos relacionados con
este tema. De este modo, ademais de coñecer de forma práctica como se cultiva a
terra para obter froitos, tamén indagaremos noutros aspectos relacionados, dos
que extraeremos información valiosa e útil que logo compartiremos con todos os
compañeiros a través dunha exposición dos diferentes traballos feitos polos
grupos.
Por este motivo, na biblio creamos un espacio de información chamado "O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE". Alí podedes consultar libros moi interesantes sobre todo o relacionado co tema, e os vosos mestres tamén poderán levalos para clase durante 15 días, apuntándose no caderno de préstamos que estará alí situado.
Comentarios
Publicar un comentario