O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE Dende a Biblioteca o noso amigo Celio querevos animar a participar nun traballo colaborativo que implique a todo o centro. Aproveitando a actividade do horto escolar que tanto interese suscitou, propoñemos a todos os grupos un traballo de investigación sobre aspectos relacionados con este tema. De este modo, ademais de coñecer de forma práctica como se cultiva a terra para obter froitos, tamén indagaremos noutros aspectos relacionados, dos que extraeremos información valiosa e útil que logo compartiremos con todos os compañeiros a través dunha exposición dos diferentes traballos feitos polos grupos. Por este motivo, na biblio creamos un espacio de información chamado "O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE" . Alí podedes consultar libros moi interesantes sobre todo o relacionado co tema, e os vosos mestres tamén poderán levalos para clase durante 15 días, apuntándose no caderno de préstamos que estará alí situado.