Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013
CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL Como cada curso o noso amigo Celio convídanos desde a biblioteca a participar no concurso de postais do Nadal. E como cada ano temos que felicitarvos polo esforzo e a calidade dos traballados recibidos. Aquí tedes os gañadores do concurso! Noraboa! CELIA 1ºA - NOA 1ºB - MESAY 2ºA - FRANCISCO 2ºB - GABRIELA 3ºA - MINERVA 3ºB -        DULCE 4ºA - SHEILA 4ºB - NEREA 5ºA - NOEMÍ 5ºB - LAURA 6ºA - HUBEN 6ºB E como xa é tradicional, as postais gañadoras decoran o noso calendario do 2014. Mirade que fermoso resultado!
SAMAÍN NA BIBLIOTECA Como cada ano a festividade de Samaín ou Halloween chega á nosa bilbioteca. Ademais dunha decoración de medo, contamos coma sempre cunha exposición dos mellores libros de terror que podedes atopar. Disfrutádeos....si vos atrevedes!  
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR  Co gallo da celebración do día das bibliotecas escolares o noso querido Celio propuxo unha simpática actividade, que consistía en que as diferentes clases crearan un verme lector que transportara no seu interior aqueles libros ou coleccións que máis lles gustaran os nenos e nenas. Aquí tedes unha mostra do resultado!                                                  Os vermes lectores on PhotoPeach                    
LETRAS GALEGAS 2013: VIDAL BOLAÑO E O TEATRO Este ano o día das Letras Galegas homenaxea a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, e desde a biblioteca quixemos rendirlle a nosa propia homenaxe cun mural adicado a súa vida e obras. Asi mesmo creamos un recuncho do teatro na biblioteca, onde podedes consultar e disfrutar dunha selección de obras teatrais para todos os gustos e idades.  
DÍA DO LIBRO Tal e como o noso amigo Celio prometeunos días atrás, xa podedes disfrutar co novo mural que decora a entrada do noso cole, e que está composto por as vosas fotos lendo un libro. Non pode haber mellor homenaxe para este día tan sinalado. Xa atopáchedes as vosas?    QUE PRACER É LER on PhotoPeach
O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE Dende a Biblioteca o noso amigo Celio querevos animar a participar nun traballo colaborativo que implique a todo o centro. Aproveitando a actividade do horto escolar que tanto interese suscitou, propoñemos a todos os grupos un traballo de investigación sobre aspectos relacionados con este tema. De este modo, ademais de coñecer de forma práctica como se cultiva a terra para obter froitos, tamén indagaremos noutros aspectos relacionados, dos que extraeremos información valiosa e útil que logo compartiremos con todos os compañeiros a través dunha exposición dos diferentes traballos feitos polos grupos.  Por este motivo, na biblio creamos un espacio de información chamado "O RECUNCHIÑO DA MAREA VERDE" . Alí podedes consultar libros moi interesantes sobre todo o relacionado co tema, e os vosos mestres tamén poderán levalos para clase durante 15 días, apuntándose no caderno de préstamos que estará alí situado.          
AXUDANTES NA BIBLIOTECA A nosa biblioteca xa conta con un grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º encargados de axudarvos en todo o que se refira ao funcionamento diario da biblio: buscar libros, préstamo, devolucións, ordenar, dúbidas, etc. Poderedes recoñecelos porque visten un peto amarelo, así que xa sabedes!
MÁIS LIBROS DE "TÚ DECIDES TU AVENTURA" Tendo en conta o enorme éxito que están a ter os libros da coleción "Tú decides tu aventura", o noso amigo Celio complácese en anunciar a chegada de tres novos títulos que xa están á vosa disposición na biblioteca. Dous de eles son unha suma de outros dous libros respectivamente! Disfrutádeos!
  CARTA DE CELIO: QUE PRACER É LER   Ola amigos : Co gallo do día do libro que celebraremos dentro de poucos días (o 23 de abril), quero propoñervos unha actividade moi especial:                 QUE PRACER É LER, QUÉRELO VER? Consiste na elaboración dun mural con forma de libro, que se colocara na entrada do cole. Este mural estará formado por unha fotografía de cada un de nós na que saiamos lendo (en calquera lugar ou situación, con calquera compañía…SIMPLEMENTE LENDO). O único que tedes que facer e traer a foto que queirades que coloquemos no mural, na que saiades lendo algún libro, revista, xornal… A data límite é o día 19 de abril. Non vos esquezades de poñer o voso nome e o voso curso por detrás para logo poder devolvela ao seu dono ou dona. Animádevos a participar! PD: Eu xa elixín a miña foto.
NOVIDADES NA BILIOTECA: ELIXE A TÚA PROPIA AVENTURA Continúan a chegar máis e máis libros a nosa querida biblioteca. Entre as últimas novidades o noso amigo Celio quere destacar a chegada de novos libros da coleción Elixe a túa propia aventura que tanto vos gustan e que non deixavades de pedir. Esperamos que sexan do voso agrado!  
QUE AMOR DE BIBLIOTECA! O conseguimos! O chamamento que o noso querido Celio fixo para que decorásemos a biblioteca cos nosos corazóns foi todo un éxito. E as vosas mensaxes de amor pola lectura ou por algún libro en particular xa pódense ver na biblio. Así que xa sabedes, acercádevos ata aquí e a disfrutar da lectura!
NAMORADOS DOS LIBROS Ola amigos e amigas: Dentro de poucos días vai ser o 14 de febreiro. Dende a biblioteca queremos celebrar con vós o día dos namorados, e para iso propoñémosvos que demostredes o voso amor pola biblioteca, pola lectura, por unha historia que vos namore, por algún personaxe que vos encante.... Cada un de vós terá un corazón onde plasmar o seus sentimentos. Podedes facelo en forma de carta, canción, poesía, refrán, trabalinguas… ou o que se vos ocorra. Todos estes corazóns chearán a Biblioteca de amor durante toda a semana. Un bico.   Celio
AS MOCHILAS VIAXEIRAS Xa están aquí! Xa chegaron as mochilas viaxeiras ao noso cole! O noso querido Celio vai prestarnos desde agora ata o remate do curso unha mochila para cada aula. Esta mochila vaina levar un alumno ou alumna cada venres, e terá que devolvela o xoves da seguinte semana. Nela poderedes atopar unha variedade de libros de poesía, narrativa, terror, consulta e cómic, ademáis de un DVD dalgunha película moi interesante. Todo este material está destinado a ser compartido por todas as familias, e así favorecer o gusto pola lectura. Non esquezades que dentro da mochila también vai un caderno viaxeiro , onde podedes recoller as vosas impresións dos libros e deixar suxerencias sobre a actividade, os materiais, o que más vos gustou, ou incluso un debuxo. Lembrade eso sí, que tedes que ser puntais na devolución das mochilas, para que así todos os alumnos e alumnas poidan disfrutar de elas!
A BIBLIOTECA ABRE POLAS TARDES Este curso 2012-2013 puxemos en marcha unha iniciativa que esperamos sexa do voso agrado. A biblioteca permanecerá aberta ao público as tardes dos xoves en horario de 4 a 6.30h e será atendida por un profesor do centro. Tanto alumnos e alumnas como pais e nais poderán acudir a leer e consultar os libros, e así poder disfrutar de todo o que ofrece a nosa querida biblioteca. Así que xa sabedes, nos deixedes de visitarnos!
RECOMENDANDO LIBROS Desde fai un tempo a nosa mascota da biblioteca, Celio, anima a todos os nenos e nenas do colexio a recomendar aqueles libros que máis lles gusten aos demáis nenos do centro. Para tal fin podedes recoller no regazo de Celio unha ficha onde podedes anotar a vosa recomendación e explicar os motivos da vosa eleción. Aquí tedes algúns exemplos das recomendacións que xa están no taboleiro.                                                   
NOVIDADES NA BIBLIOTECA Coa chegada do novo ano a biblioteca complácese en presentarvos unha gran cantidade de novas adquisicións para todos os ciclos, que xa tedes a vosa disposición. Xa sabedes, a por eles!