O LIBRO QUE CHE DEIXOU UNHA PEGADA
Para conmemorar o día internacional das Bibliotecas, que se celebrou o 22 de outubro, propuxemos unha interesante actividade:
Consistíu en que todos os alumnos debían pensar nunha lectura que deixara unha profunda pegada nos seus corazóns por ser emocionante, divertida, emotiva, intrigante … ou calquera outra razón.
Unha vez elixida, plasmaron a súa opción nunha cartolina con forma de pegada, seguindo as cores dos libros da biblioteca: rosa para o primeiro ciclo, verde para o segundo e amarelo para o terceiro. Nelas escribiron o título, a editorial e un pequeno resumo desa historia tan especial (os do 1º ciclo fixeron un debuxo en lugar do resumo da historia). Aquí tedes un exemplo de cada ciclo:
Con todas elas, entre todos os alumnos do cole, fixemos diferentes camiños que desembocan na biblioteca. E neles podemos coñecer as historias que lles gustan aos nosos compañeiros e compañeiras. Aquí tedes unha mostra do aspecto que presentan os pasillos do cole:
Comentarios
Publicar un comentario