Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012
QUE MEDO DE BIBLIOTECA! Coa chegada do Samaín ou Halloween, na biblioteca continuamos coa tradición de facer unha exposición de libros de medo. Moitos nenos e nenas se achegaron ata a biblio para escoller a historia máis terrorífica. Aquí tedes unha mostra:
O LIBRO QUE CHE DEIXOU UNHA PEGADA Para conmemorar o día internacional das Bibliotecas , que se celebrou o   22 de outubro , propuxemos unha interesante actividade: Consistíu en que todos os alumnos debían pensar nunha lectura que deixara unha profunda pegada nos seus corazóns por ser emocionante, divertida, emotiva, intrigante … ou calquera outra razón. Unha vez elixida, plasmaron a súa opción nunha cartolina con forma de pegada, seguindo as cores dos libros da biblioteca: rosa para o primeiro ciclo, verde para o segundo e amarelo para o terceiro. Nelas escribiron o título , a editorial e un pequeno resumo desa historia tan especial (os do 1º ciclo fixeron un debuxo en lugar do resumo da historia). Aquí tedes un exemplo de cada ciclo:                            Con todas elas, entre   todos os alumnos do cole, fixemos diferentes camiños que desembocan na   biblioteca . E neles podemos coñecer as historias que lles gustan aos nosos compañeiros e compañeiras. Aq
CONCURSO "PONLLE NOME Á MASCOTA" Este curso decidimos buscarlle por fin un nome á nosa querida mascota da biblioteca. Os alumnos que participaron no concurso debían propoñer un nome e explicar as razóns da súa eleción. Despois dunha dura deliberación xa podemos anunciar que a nosa mascota.... XA TEN NOME! A PROPOSTA GAÑADORA FOI O nome é a mestura de Ce (Celso) e lio (Emilio). Parabéns ao seu enxeñoso creador, Brais Álvarez de 6ºA, e  moitas   grazas a todos os que participastes no concurso.