Ir al contenido principal

23 de abril, DÍA DO LIBRO

        
             A elección desta data como DÍA DO LIBRO procede da coincidencia do falecemento de Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega o 23 de abril do ano 1616. En 1995 a UNESCO aprobou que nesta data se celebrara o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUDITORÍA. Esta proposta ten como finalidade fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual.  En España vense celebrando dende 1930.











BREVE HISTORIA DO LIBRO
Ao longo da historia da humanidade pódese constatar a permanente necesidade de todas as sociedades de querer transmitir as súas crenzas, costumes, comportamentos… Cando aínda non existía un sistema de signos lingüísticos a pedra foi na prehistoria, IV milenio a.C., o soporte de conxuntos pictográficos que falaban por eles mesmos, despois empregouse a madeira e representáronse ideogramas en táboas de bambú. No III milenio a. C. xorde a escritura cuneiforme en Mesopotamia e utilízanse taboíñas de arxila para transmitir as ideas, existindo entón talleres de copistas e lugares idóneos para a conservación dos escritos, o que nos leva a pensar que xa había unha organización en torno ao libro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DE CÓMICS

  Ola amiguiños e amiguiñas! Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén! Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano.  Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector. Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar! Tamén serán publicados no noso blog. Teño moitas ganas de ler as vosas creacións.  Os gañadores anunciaranse o día do festival.  Clica no mural para escoitarme. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

GAÑADORES DO CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas: Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...! E ímonos de vacacións! Pero non vos esquezades do concurso de cómics... Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo.  Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as! Ata pronto!!