Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

Novidades da man de Cuarto de Inverno

  A editorial Cuarto de Inverno fainos chegar as súas últimas novidades: Os exemplares podedes atopalos na biblioteca. Son libriños en lingua galega.  - Lola Feroz: para os máis cativos 1º e 2º de EP. - Como escorrentar a un lobo: 5º- 6º EP - As mil vidas de Dorotea:    5º- 6º EP - Burbullas de calma serena:    5º- 6º EP Gozade das lecturas! 😉

Visítanos Pablo Carreiro

  O pasado martes visitounos na escola Pablo Carreiro, un escritor e ilustrador de varios libros como Xirarei ou Lola Feroz. O alumnado de 5º de EP puido desfrutar do seu obradoiro de creación de personaxes e emocións. Dende logo, temos uns verdadeiros artistas. Moitas grazas Pablo, pola túa visita e por inspirar a rapazada! 😀

Obradoiro: Letras Galegas a toda cor

Ao longo da semana das Letras Galegas, nenos e nenas do cole puideron achegarse á biblioteca durante os recreos para desfrutar dun obradoiro novo "Letras Galegas a toda cor". Tiñan que decorar uns debuxos das nosas marabillosas pandereteiras, que son as que neste ano adicamos esta conmemoración. Velaquí tendes o resultado do seu traballo: Bo traballo, rapazada! 😍

Visítanos Sabela Fernández Trelles

  O pasado día 9 visitounos na biblioteca Sabela Fernández, autora de "A miña avoa, a miña heroína". Presentounos o seu último libro e estivemos falando sobre él. Moitas grazas, Sabela! 😀