Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

Obradoiro: Letras Galegas a toda cor

Na semana das Letras Galegas anímate a vir á biblioteca ao obradoiro: "Letras Galegas a toda cor".  Entre todos realizaremos uns cadros para conmemorar este día tan importante. Anímate a participar! 😉

Visítanos na biblio... Ledicia Costas

  No día de onte visitounos na biblioteca Ledicia Costas, autora de moitos libros. Veu presentar a súa última obra: Curriño. Moitas grazas pola túa visita

Apadriñamentos lectores no Día do Libro

No día de hoxe conmemoramos o Día do Libro realizando apadriñamentos lectores dos máis pequenos aos maiores no patio da escola. Foi unha xornada para perderse entre as páxinas e desfrutar da lectura. Vos deixamos un resumo:  

Timbre na escola

  O timbre na escola mudou. Agora temos bandas sonoras de películas baseadas en libros. Saberías identificar cal é cal? Acode a biblio e anímate a participar! Tes pistas 😏

Recomendacións lectoras para Semana Santa

  Para estas vacacións, dende a biblioteca escolar vos facemos a seguintes recomendacións lectoras por ciclos. Gozade das lecturas! 😀

Visítanos na biblio... BERTA DÁVILA

O venres día 4, visitounos na biblioteca Berta Dávila coa súa última publicación: O concurso dos mellores inventos. Moitas grazas Berta, pola túa visita. 😀

2 A - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O día 31 de marzo conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo realizando un obradoiro na biblioteca con pezas de puzle onde os cativos e cativas tiñan que por palabriñas engadidas á palabra principal TEA: 💙  TEAdoro 💙 💙  TEAyudo  💙 💙  TEAdmiro  💙 Vos deixamos cun resumo da xornada:

Novidades lectoras

  Na biblio xa podes atopar e facer o préstamo das seguintes novidades lectoras: Gozade das lecturas! 😁