Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2025

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!

Últimas novidades en xogos

  E antes de marchar de vacacións, vos deixamos cos últimos xogos de mesa recibidos. Xa podedes empregalos durante os recreos. Saudiños  

Recomendacións de XOGOS para o verán

  E as recomendacións dos xogos de mesa son: Gozade do tempo xogando!

Recomendacións lectoras VERÁN

  Durante o verán non deixedes de ler. Aquí vos deixamos unha lista de recomendacións: Gozade das lecturas! 😊

Contacontos con David Rodríguez

  No día de onte visitounos na nosa biblioteca o autor e ilustrador David Rodríguez, autor de Superavoa. Compartiu co alumnado de 4º e 5º de Primaria un obradoiro de ilustración de monstros. Aquí vos deixamos cun resumo das ilustracións e desta xornada: Moitas grazas, David!

Novidades da man de Cuarto de Inverno

  A editorial Cuarto de Inverno fainos chegar as súas últimas novidades: Os exemplares podedes atopalos na biblioteca. Son libriños en lingua galega.  - Lola Feroz: para os máis cativos 1º e 2º de EP. - Como escorrentar a un lobo: 5º- 6º EP - As mil vidas de Dorotea:    5º- 6º EP - Burbullas de calma serena:    5º- 6º EP Gozade das lecturas! 😉

Visítanos Pablo Carreiro

  O pasado martes visitounos na escola Pablo Carreiro, un escritor e ilustrador de varios libros como Xirarei ou Lola Feroz. O alumnado de 5º de EP puido desfrutar do seu obradoiro de creación de personaxes e emocións. Dende logo, temos uns verdadeiros artistas. Moitas grazas Pablo, pola túa visita e por inspirar a rapazada! 😀

Obradoiro: Letras Galegas a toda cor

Ao longo da semana das Letras Galegas, nenos e nenas do cole puideron achegarse á biblioteca durante os recreos para desfrutar dun obradoiro novo "Letras Galegas a toda cor". Tiñan que decorar uns debuxos das nosas marabillosas pandereteiras, que son as que neste ano adicamos esta conmemoración. Velaquí tendes o resultado do seu traballo: Bo traballo, rapazada! 😍

Visítanos Sabela Fernández Trelles

  O pasado día 9 visitounos na biblioteca Sabela Fernández, autora de "A miña avoa, a miña heroína". Presentounos o seu último libro e estivemos falando sobre él. Moitas grazas, Sabela! 😀

Obradoiro: Letras Galegas a toda cor

Na semana das Letras Galegas anímate a vir á biblioteca ao obradoiro: "Letras Galegas a toda cor".  Entre todos realizaremos uns cadros para conmemorar este día tan importante. Anímate a participar! 😉

Visítanos na biblio... Ledicia Costas

  No día de onte visitounos na biblioteca Ledicia Costas, autora de moitos libros. Veu presentar a súa última obra: Curriño. Moitas grazas pola túa visita

Apadriñamentos lectores no Día do Libro

No día de hoxe conmemoramos o Día do Libro realizando apadriñamentos lectores dos máis pequenos aos maiores no patio da escola. Foi unha xornada para perderse entre as páxinas e desfrutar da lectura. Vos deixamos un resumo:  

Timbre na escola

  O timbre na escola mudou. Agora temos bandas sonoras de películas baseadas en libros. Saberías identificar cal é cal? Acode a biblio e anímate a participar! Tes pistas 😏

Recomendacións lectoras para Semana Santa

  Para estas vacacións, dende a biblioteca escolar vos facemos a seguintes recomendacións lectoras por ciclos. Gozade das lecturas! 😀

Visítanos na biblio... BERTA DÁVILA

O venres día 4, visitounos na biblioteca Berta Dávila coa súa última publicación: O concurso dos mellores inventos. Moitas grazas Berta, pola túa visita. 😀

2 A - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O día 31 de marzo conmemoramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo realizando un obradoiro na biblioteca con pezas de puzle onde os cativos e cativas tiñan que por palabriñas engadidas á palabra principal TEA: 💙  TEAdoro 💙 💙  TEAyudo  💙 💙  TEAdmiro  💙 Vos deixamos cun resumo da xornada:

Novidades lectoras

  Na biblio xa podes atopar e facer o préstamo das seguintes novidades lectoras: Gozade das lecturas! 😁

Semana da prensa

  Para conmemorar a semana da prensa na biblio contamos con tres obradoiros: Obradoiro 1: Sopa de letras con palabras vinculadas á prensa.: destinado para os nenos e nenas de 1º e 2º de EP Obradoiro 2: Noticias reais e falsas. Destinado para os nenos e nenas de 3º e 4º de EP  Obradoiro 3: A noticia. Destinado ao alumnado de 5º e e 6º onde tiñan que organizar un periódico por seccións.  Vos deixamos con este resumo da xornada: Saudiños  

Obradoiro mural colectivo

  O pasado venres conmemoramos o Día da Muller a partir de varias actividades. Dende a biblio levouse a cabo un obradoiro para a creación dun mural colectivo. Nenos e nenas achegáronse no recreo para colorear cadansúa parte e este é o resultado final: Bo traballo rapazada! 😀👏

Próximos obradoiros para conmemorar o 8M

  A próxima semana teremos na biblio dous obradoiros para conmemorar o Día da Muller (8M): Anímate a participar! 💜

Obradoiro robótica Rosaliano

  No día de onte conmemoramos o Día de Rosalía na biblio cun obradoiro de robótica co noso amiguiño Earl de Polos Creativos.  Tivemos que levar a Earl dende cada pregunta á resposta correcta tendo en conta os movementos. O camiño que nos leva a realizar o poema deunos moita dor de cabeza! Que complicadiño! 😅 Pero foi unha xornada fantástica! 😀 Repetiremos sen dúbida. Vos deixamos con este resumo da xornada:  

Novidade lectora: Xirarei

    Xa temos connosco a novidade lectora de Pablo Carreiro: Xirarei. É un libro que mestura humor, tenrura e admiración pola nosa cultura e o noso patrimonio.   Unha lectura que che está a esperar. Mil grazas Pablo, pola dedicatoria que temos no libriño.  Saudiños Celio 🐭    

Obradoiro de xadrez

  A pasada semana, nenos e nenas do cole puideron desfrutar dun obradoiro de xadrez na biblioteca. Estaba impartido por alumnado de 5º de EP para aqueles que non sabían xogar. Mirade un resumo da xornada: Foi un éxito! Grazas rapazada! Vémonos pronto! Celio 🐭