Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ

  Ola amiguiños e amiguiñas! Este mércores 12 tivemos o pracer de recibir a visita de David Rodríguez: autor e deseñador gráfico da cidade de Vigo, que lles presentou ao alumnado de 1º e 2º a súa obra «Superavoa». Xunto a súa historia percatámonos de que todos nós temos ou tivemos unha "superavoa" ou "superavó" e da importancia que teñen nas nosas vidas. Rematamos a visita cunha alegre canción entre todos. Que ben o pasamos!                              Ata outra!

CERTAME DE RELATOS CURTOS

  Ola amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 6º participou no Certame de Relato Curto organizado pola FANPA. A semana pasada, os seleccionados puideron desfrutar da Gala de entrega de premios no que o alumno Nael de 6º recibiu unha mención como finalista destacado. A todas as selecionadas entregáronlle o libro de relatos curtos no que aparecen as súas historias. Noraboa a todas, de seguro que as palabras seguirán facéndoas voar! Ata a próxima!

VISITA DE SABELA GAGO

  Ola amiguiños e amiguiñas! O xoves 6 de xuño visitou o noso centro Sabela Gago: mestra de teatro adicada á dinamización á lectura.  Realizou unha actividade co alumnado de 5º e 6º de primaria na que caracterizaron e interpretaron a súa propia historia, para a cal fixo falta creatividade e conexión entre as partes da mesma.  Gustounos moito esta actividade. Ata outra!

VISITA DE EDUARDO SANTIAGO

 Ola amiguiños e amiguiñas! O pasado mércores visitounos o escritor Eduardo Santiago. O alumnado de 3º trasmitiulle o seu entusiasmo polo seu libro "A miña amiga invisible". Fixeronlle unha morea de preguntas e foi un encontro moi interesante para todos eles. Ata a próxima!

VISITA DO ALUMNADO DA EEI CRISTO DA VICTORIA

 Ola amiguños e amiguiñas: O pasado mércores recibimos ao alumnado de 6º de EI do Cristo da Victoria para ensinarlles o noso centro e tamén a moitos dos seus futuros compañeiros/as, xa que para o curso que vén formarán parte do noso centro. Encantoulles a biblioteca, a nosa mascota Celio, o laboratorio, a aula de plástica, o pavillón,... Puideron ver a actuación do Día das Letras Galegas do alumnado de 1º B e por último... xogos e merenda!  Tamén queremos agradecer o traballo das familias que prepararon a deliciosa merenda e os recibiron tan ben. Grazas! Esperámolos para o vindeiro curso.  Ata a próxima!