Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

ENCONTROS LECTORES CO ALUMNADO DA EEI CRISTO DA VICTORA

  Ola amiguiños e amiguiñas Este luns os nenos e nenas de 1o fomos ao parque da Bouza para compartir unha pequena hora de lectura cos rapaces do Cristo da Victoria que o vindeiro curso, pasarán a Primaria. Cada ún deles escolleu un conto para lerlle ao compañeiro que elixiu. Fixéronno moi, moi ben porque xa son grandes lectores! Os máis pequenos disfrutaron do momento nun ambiente fermoso. Despois do conto tocó merenda e xogo!. Foi unha mañá marabillosa de contos e sol... Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

AO PATIO CON CELSO COMEZA

  Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe inauguramos "Ao patio con Celio". Puidemos gozar duns recreos moi divertidos compartindo lecturas no patio e aproveitando o bo tempo. Lembrade: todos os xoves que o tempo o permita...Repetiremos!     Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

AO PATIO CON CELSO

 Ola amiguiños e amiguiñas! Quería avisarvos de que todos os xoves, a partires do 23 de maio ata o 13 de xuño, iremos ao patio con Celso. Todos poderedes gozar da lectura ao aire libre! Os axudantes da biblioteca achegarán exemplares de lectura para 1º e 2º, e revistas para 3º, 4º, 5º e 6º.  Será fantástico! Animádevos! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

VISITA DE LUIS VALLECILLO

  Ola amiguiñas e amiguiños! Sabedes quen viu hoxe a visitarnos? Pois Luis, un fantástico músico, compositor, dramaturgo e titiriteiro. Deleitounos coa súa música, grazas a súa guitarra. Foi todo un pracer escoitar poemas de Rosalía, Manuel María... coa súa particular melodía.  Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Ola amiguiños e amiguiñas! Na véspera do Día das Letras Galegas celebramos o noso festival, presentado maxistralmente por nenas e nenos de 6ºA, onde o alumnado e nais e pais amosaron o seu talento en forma de cancións, bailes, teatro, ioga, poesía e actuacións musicais diversas. O público desfrutou e aplaudiu a rabiar.  Feliz Día das Letras Galegas a todas as familias do noso colexio! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

CHARLA SOBRE LUÍSA VILLALTA DAS ALUMNAS DO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

  Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe o alumnado de sexto tivo a sorte de poder asistir a unha charla expositiva por parte das alumnas Nora e Julia de bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro sobre Luísa Villalta. Quedaron abraiados co ben que o fixeron. Encantoulles a súa exposición. Moitas grazas por compartir a vosa labor. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

XOGOS DE MESA

  Ola amiguiños e amiguiñas! Quería contarvos que o luns 13 e o mércores 15 tivemos a visita duns monitores de Customeeple, unha tenda de xogos de mesa. Os rapaces de 3º a 6º puideron aprender algúns xogos de mesa moi interesantes. A todos lles encantou a sesión. Gozaron un montón cos xogos.  Pero, non vos preoupedes, de seguro que moi prontiño, poderedes disfrutar dos xogos nos recreos na nosa biblio! Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

QUEBRACABEZAS LUISA VILLALTA

  Ola amiguiños e amiguiñas! Como xa sabedes, hoxe íamos xogar no recreo da biblio co quebracabezas de Luísa Villalta. Aínda que non o fixemos na biblio, animámonos a facelo no Plan Lector. A rapazada aprendeu un montón sobre Luísa, e foi moi divertido facer o quebracabezas. Ao principio foi un pouco complicado, pensabamos que nos faltaba unha peza, pero descubriron que unha resposta se repetía. Que listiños son! Tamén estes rapaces e rapazas fixeron un librillo ben feitiño! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

VISITA DE JORGE CAMPOS

 Ola amiguiños e amiguiñas! Onte a rapazada de 2º gozou co autor Jorge Campos.  Pasámolo xenial! O alumnado leu o seu libro Capitán Lentella e recoméndavolo a todos vós. Jorge ata nos agasallou con algúns dos seus debuxos. Estamos desexando que volva. Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

VISITA DE GONZALO AGUIAR

  Ola amiguiños e amiguiñas! O martes disfrutamos coa visita de Gonzalo Aguiar. Todo o alumnado do centro puido coñecelo e facerlle unha chea de preguntas que nos contestou.  Aprendimos moito sobre o ciclismo! Pero antes de vir Gonzalo, o alumnado xa investigara sobre el ... Ata a próxima Gonzalo e moitas grazas por compartir uns intres connosco!  Ata pronto amiguiños e amiguiñas!  

Novidades na biblio

  Ola amiguiños e amiguiñas: Móstrovos as novidades que temos na biblio Moraima, posto que este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luísa Villalta, Celio decidiu mercar este dous libros que vos invitamos a ler para coñecer un pouquiño máis desta fantástica autora. Ata outra amiguiños e amiguiñas!