Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

VISITA DE XABIER DOMÍNGUEZ

 Ola amiguiños e amiguiñas! Este xoves 21 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza do autor  Xabier Domínguez  que escribiu xunto con Alba de Evan un fantástico cómic “Miquits” para os cativos de 2º curso. Xabier ensinounos a través dunha presentación e varios vídeos como é o proceso de creación dun libro e a cantidade de persoas que están implicadas neste proceso.  A súa orixinalidade cautivou ao alumnado, que tivo moitas preguntas sobre os personaxes. Tamén nos sorprendeu co lanzamento da segunda parte de “Miquits” que sairá arredor de setembro. Por último, fixo unha firma de libros e o alumnado entregoulle varios debuxos como agradecemento. Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

Visita de Celtia Figueiras

 Ola amiguiños e amiguiñas O martes 19 de marzo visitounos  Celtia Figueiras , autora do libro "A banda dos insectos". Lectura coa que o alumnado de 4º puido desfrutar durante algunhas sesións.  Celtia contounos moitas curiosidades sobre o libro, e respostou ás preguntas que a rapazada lle plantexou.  Invitámosvos a todos a ler o libro, ao noso alumnado encantoulle, ademais de poder cantar e bailar coas cancións que podedes escoitar durante a súa lectura. Ata a próxima !

NOVIDADES NA BIBLIO

  Ola amiguiños e amiguiñas Móstrovos as novidades que temos na biblioteca, ides alucinar!!! Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

DIA DA MULLER

 Ola amiguiños e amiguiñas! Celebramos o 8 M no noso centro. Cada unha das aulas tivemos que facer unha ficha sobre unha das deportistas galegas, así aprendimos moito sobre todas elas. Despois baixamos á entrada a coñecelas a todas e tivemos que cubrir un pequeno cuestionario.  A rapazada de 5º e 6º tivo un encontro co alumnado do IES Álvaro Cunqueiro, concretamente co  equipo Morgana de igualdade e diversidade que preparou unha xincana para visibilizar mulleres no deporte. Pasáronno xenial! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

SEMANA DA PRENSA II

  Ola amiguiños e amiguiñas! Seguimos traballando coa prensa. Tocou pasatempos, e aproveitando o día da muller, fixemos sopas de letras onde tiñamos que buscar os nomes de diferentes deportistas... adaptadas para o 1º, 2º e 3º ciclo. Esta semana deu para moito, tamén traballamos as noticias falsas, onde tiñan que pescudar onde se atopaban... adaptadas para os diferentes ciclos.  Na última actividade, os do 1º e 2º ciclo tiñan que emparellar as imaxes cos titulares, e os do 3º ciclo, organizar as noticias nas distintas seccións. Mirade... Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

SEMANA DA PRENSA

 Ola amiguiños e amiguiñas! Estamos na semana da prensa e na biblioteca temos unha chea de actividades para facer. Hoxe comezamos pescudando noticias sobre mulleres deportistas, por suposto, na sección de deportes. Os rapaces/as atoparon algunhas, aínda que se deron conta de que hai moitas máis de homes que de mulleres. Ata outra!

XOGOS NA BIBLIOTECA

  Ola amiguiños e amiguiñas: Quería que soubeses o ben que o pasa a rapazada os venres na nosa biblio.  Os venres xa sabedes que hai xogos na biblio, mirade, mirade como xogaron estes nenos e nenas. Ata outra amiguiños e amiguiñas!