Ola amiguiños e amiguiñas! Quería contarvos que onte, 30 de xaneiro, pasámolo xenial celebrando o día da PAZ. Eu estiven moi atento a todo o que fixéchedes. Para comezar fixemos uns xogos marabillosos!: Transportar unha pelota entre 2 colocándoa na barriga, nas costas, etc. Paracaídas Aros musicais Pasar un aro en círculo sen soltar as mans Pasar os tacos Neles, estabamos con rapaces/as doutros cursos, así puidemos facer amigos/as novos/as. Neses xogos, ningúen perde, todos gañamos pasándoo moi ben. Despois cantamos e bailamos o xogo da Carrasquiña,.. Ollo! fixémolo formando os aros olímpicos coas cores correspondentes, por que pensábades que íamos todos coas cores azul, verde, vermella, negra e amarela? Pasámolo en grande. Pero iso non é todo... O luns 29 celebramos a PAZ cun pasapalabra. Eramos un montón de rapaces/as facéndoo, encantounos. Ata a próxima amiguiños/as!