Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2024

Visita de Ángeles, contacontos

O día de hoxe, os cativos e cativas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria recibiron na biblioteca con entusiasmo e ilusión a Ángeles Escribano, contacontos. Puideron desfrutar dun kamishibai así como compartir diversos contos de diversa tipoloxía. Mil grazas Ángeles por compartir este ratiño con nós.😊

20 N - Día Universal da Infancia

  O Día Universal da Infancia , celébrase tódolos anos o día 20 de novembro, é un día dedicado a tódolos nenos e nenas do mundo. É un día de celebración por tódolos avances conseguidos, pero tamén é un día para reinvidicar a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. Na escola estivemos traballando os dereitos dos nenos e das nenas e  fixemos este mural: Feliz día para todos os nenos e nenas! Celio 🐭

Exposición de cabazas

  E como tódolos anos aquí vos deixamos coa gran exposición de cabazas que fixeron cada neno e nena coa súa familia. Todas elas baseadas na temática: Luces, cámara e acción. A verdade é que é fascinante entrar na escola e ver todas estas obras de arte. 🎃 🎃 🎃 Parabéns rapazada! Fixéchedes un gran traballo! 😊 Vos deixo cun vídeo resumo:  Saudiños Celio 🐭

Obradoiro de xogos de mesa 2

  O venres pasado os nenos e nenas do cole puideron asistir a un obradoiro de xogos de mesa durante o recreo. Nesta ocasión contaron cos seguintes xogos: - Color line - Alto voltaje - Calavera, esqueleto y diablito - Carrera de letras Foron moitos os que se achegaron a probar os diferentes xogos e pasárono xenial! Se ti queres participar, atento/a a megafonía! Seguiremos informando.  Mentres tanto...  déixovos con este vídeo resumo: Vémonos pronto. Celio 🐭

Andanza das mochilas viaxeiras

  E como todos os anos, as mochilas viaxeiras colleron rumbo en cada unha das aulas do noso cole. Este curso, os axudantes bibliotecarios de 5º de EP encargáronse da súa entrega en cadansúa aula e explicaron todo o seu contido.  Así que... disfrutade moito a semana que vos toque! 😊 Saudiños Celio 🐭

Lecturiñas polo Samaín

  Queridos nenos e nenas,  Para este Samaín veño preparado cunhas lecturiñas moi terroríficas que podedes escoller na biblio. Son moiiiiii tenebroooosassss! 👻 Espérovos pola biblio. Celio 🐭

CABAZAS PARA O SAMAÍN

  Queridos nenos e nenas, a próxima semana poderedes traer ao cole as vosas cabazas taladas baseadas na temática Luces, cámara e acción. Faremos unha exposición terroríficaaaaa! Saudiños 👋 Celio 🐭

Obradoiro de xogos terroríficos

  Hoxe demos o pistoletazo de saída co primer obradoiro de xogos terroríficos no recreo. Foi un éxito total. Nenos e nenas da escola puideron xogar a xogos variados: - Carrera de letras (versión Samaín) - Esqueleto, calavera y diablito - Tabú - Dominó - Memory A verdade é que me encantou recibirvos.  Próximamente... outro obradoiro!  Pero antes, vos comparto este resumo do día: Vémonos no seguinte!!! Celio 🐭

Obradoiro de xogos de mesa polo Samaín

  Nenos e nenas teño unha proposta para vós. Este mércores na hora do recreo espérote para xogar a uns xogos de mesa temáticos polo Samaín. Ollo, hai un aforo, así que se estás interesado, corre pero non empurres a ninguén.🏃🏃🏃 Espérote con xogos terroríficos!!!  🎃 👻 Celio 🐭

Novidades lectoras por Samaín

  Queridos nenos e nenas,  Para este Samaín veño preparado cunhas novas lecturiñas que vos van encantar. Son moiiiiii tenebroooosassss! 👻 Espérovos pola biblio. Celio 🐭

Novidades de xogos

  Queridos nenos e nenas,  Veño cargadiño de novidades de xogos para a biblio, para que os vosos tempos de lecer sexan divertidos. Vos traio un montón de xogos novedosos e tenebrosos que poderedes empregar na biblioteca durante os recreos ou polas tardes os luns, mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00 h. Estade moi atentos!  Espérovos! Celio 🐭

Presentación de benvida

  Queridos rapaces e rapazas, Son Celio, o protagonista da nosa biblioteca. Quero compartir con todos e todas vós unhas cuestións que son moi importantes para manter unha boa organización e orde na biblio. Abride ben os ollos e prestade moitísima atención. Agárdovos na biblioteca, Celio 🐭

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO 2024-2025

  Benvidos e benvidas,  arrincamos este curso escolar 2024-2025 dende o blog da biblio e así mantervos informados das novidades e as actividades que se levan a cabo.. Na próxima semana arrincaremos coas mochilas viaxeiras e os seus correspondentes caderniños viaxeiros. Aproveitamos para dar título e vida ao noso Proxecto Documental Integrado: Esperámosvos pola biblio! Saudiños 👋👋👋

VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ

  Ola amiguiños e amiguiñas! Este mércores 12 tivemos o pracer de recibir a visita de David Rodríguez: autor e deseñador gráfico da cidade de Vigo, que lles presentou ao alumnado de 1º e 2º a súa obra «Superavoa». Xunto a súa historia percatámonos de que todos nós temos ou tivemos unha "superavoa" ou "superavó" e da importancia que teñen nas nosas vidas. Rematamos a visita cunha alegre canción entre todos. Que ben o pasamos!                              Ata outra!

CERTAME DE RELATOS CURTOS

  Ola amiguiños e amiguiñas! O alumnado de 6º participou no Certame de Relato Curto organizado pola FANPA. A semana pasada, os seleccionados puideron desfrutar da Gala de entrega de premios no que o alumno Nael de 6º recibiu unha mención como finalista destacado. A todas as selecionadas entregáronlle o libro de relatos curtos no que aparecen as súas historias. Noraboa a todas, de seguro que as palabras seguirán facéndoas voar! Ata a próxima!

VISITA DE SABELA GAGO

  Ola amiguiños e amiguiñas! O xoves 6 de xuño visitou o noso centro Sabela Gago: mestra de teatro adicada á dinamización á lectura.  Realizou unha actividade co alumnado de 5º e 6º de primaria na que caracterizaron e interpretaron a súa propia historia, para a cal fixo falta creatividade e conexión entre as partes da mesma.  Gustounos moito esta actividade. Ata outra!

VISITA DE EDUARDO SANTIAGO

 Ola amiguiños e amiguiñas! O pasado mércores visitounos o escritor Eduardo Santiago. O alumnado de 3º trasmitiulle o seu entusiasmo polo seu libro "A miña amiga invisible". Fixeronlle unha morea de preguntas e foi un encontro moi interesante para todos eles. Ata a próxima!

VISITA DO ALUMNADO DA EEI CRISTO DA VICTORIA

 Ola amiguños e amiguiñas: O pasado mércores recibimos ao alumnado de 6º de EI do Cristo da Victoria para ensinarlles o noso centro e tamén a moitos dos seus futuros compañeiros/as, xa que para o curso que vén formarán parte do noso centro. Encantoulles a biblioteca, a nosa mascota Celio, o laboratorio, a aula de plástica, o pavillón,... Puideron ver a actuación do Día das Letras Galegas do alumnado de 1º B e por último... xogos e merenda!  Tamén queremos agradecer o traballo das familias que prepararon a deliciosa merenda e os recibiron tan ben. Grazas! Esperámolos para o vindeiro curso.  Ata a próxima!

ENCONTROS LECTORES CO ALUMNADO DA EEI CRISTO DA VICTORA

  Ola amiguiños e amiguiñas Este luns os nenos e nenas de 1o fomos ao parque da Bouza para compartir unha pequena hora de lectura cos rapaces do Cristo da Victoria que o vindeiro curso, pasarán a Primaria. Cada ún deles escolleu un conto para lerlle ao compañeiro que elixiu. Fixéronno moi, moi ben porque xa son grandes lectores! Os máis pequenos disfrutaron do momento nun ambiente fermoso. Despois do conto tocó merenda e xogo!. Foi unha mañá marabillosa de contos e sol... Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

AO PATIO CON CELSO COMEZA

  Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe inauguramos "Ao patio con Celio". Puidemos gozar duns recreos moi divertidos compartindo lecturas no patio e aproveitando o bo tempo. Lembrade: todos os xoves que o tempo o permita...Repetiremos!     Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

AO PATIO CON CELSO

 Ola amiguiños e amiguiñas! Quería avisarvos de que todos os xoves, a partires do 23 de maio ata o 13 de xuño, iremos ao patio con Celso. Todos poderedes gozar da lectura ao aire libre! Os axudantes da biblioteca achegarán exemplares de lectura para 1º e 2º, e revistas para 3º, 4º, 5º e 6º.  Será fantástico! Animádevos! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

VISITA DE LUIS VALLECILLO

  Ola amiguiñas e amiguiños! Sabedes quen viu hoxe a visitarnos? Pois Luis, un fantástico músico, compositor, dramaturgo e titiriteiro. Deleitounos coa súa música, grazas a súa guitarra. Foi todo un pracer escoitar poemas de Rosalía, Manuel María... coa súa particular melodía.  Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Ola amiguiños e amiguiñas! Na véspera do Día das Letras Galegas celebramos o noso festival, presentado maxistralmente por nenas e nenos de 6ºA, onde o alumnado e nais e pais amosaron o seu talento en forma de cancións, bailes, teatro, ioga, poesía e actuacións musicais diversas. O público desfrutou e aplaudiu a rabiar.  Feliz Día das Letras Galegas a todas as familias do noso colexio! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

CHARLA SOBRE LUÍSA VILLALTA DAS ALUMNAS DO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

  Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe o alumnado de sexto tivo a sorte de poder asistir a unha charla expositiva por parte das alumnas Nora e Julia de bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro sobre Luísa Villalta. Quedaron abraiados co ben que o fixeron. Encantoulles a súa exposición. Moitas grazas por compartir a vosa labor. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

XOGOS DE MESA

  Ola amiguiños e amiguiñas! Quería contarvos que o luns 13 e o mércores 15 tivemos a visita duns monitores de Customeeple, unha tenda de xogos de mesa. Os rapaces de 3º a 6º puideron aprender algúns xogos de mesa moi interesantes. A todos lles encantou a sesión. Gozaron un montón cos xogos.  Pero, non vos preoupedes, de seguro que moi prontiño, poderedes disfrutar dos xogos nos recreos na nosa biblio! Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!

QUEBRACABEZAS LUISA VILLALTA

  Ola amiguiños e amiguiñas! Como xa sabedes, hoxe íamos xogar no recreo da biblio co quebracabezas de Luísa Villalta. Aínda que non o fixemos na biblio, animámonos a facelo no Plan Lector. A rapazada aprendeu un montón sobre Luísa, e foi moi divertido facer o quebracabezas. Ao principio foi un pouco complicado, pensabamos que nos faltaba unha peza, pero descubriron que unha resposta se repetía. Que listiños son! Tamén estes rapaces e rapazas fixeron un librillo ben feitiño! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

VISITA DE JORGE CAMPOS

 Ola amiguiños e amiguiñas! Onte a rapazada de 2º gozou co autor Jorge Campos.  Pasámolo xenial! O alumnado leu o seu libro Capitán Lentella e recoméndavolo a todos vós. Jorge ata nos agasallou con algúns dos seus debuxos. Estamos desexando que volva. Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!