Ola amiguiños e amiguiñas Quería comentarvos que onte a rapazada de 3º fomos ao Concello de Vigo a ver teatro. Gustounos moitísimo. Todos gozaron coas representacións, e aprenderon moito. Foron tres obras nas que todo o alumnado traballou un montón, notábase ben porque lles sairon fenomenal. Os centros que representaron as súas obras foron o CEIP de Belesar. A obra fainos pensar sobre o futuro do noso planeta, o cal hai que salvar, e o fan grazas a unha píldora que axuda a concienciarnos sobre a reciclaxe e o consumismo. Estes rapaces/as, ademais, tamén cantaban! O CEE HC San Rafael no que se representaba, por medio de luces, a desgracia do Prestige na nosa comunidade, e coma os seres vivos acuáticos, escapan do desastre. Moi orixinal. Por último o CEIP Carballal Cabral deleitounos cunha obra "medieval" na que o rei so pensa na fabricación de espadas para a loita. Menos mal que o pobo rebélase e terminan co mandato do monarca. Foi moi simpática. Ata pronto amigu...