Ola amiguiños/as Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e no recreo da biblioteca Moraima fixemos un "Pasapalabra da Paz". Os rapaces/as que decidiron facelo, encantoulles. Queredes velo? Mirade, mirade,... Ademais, tamén podiamos ler calquera dos libros que expuxemos, todos relacionados coa PAZ. Tamén saímos ó patio e bailamos unha cantiga, todos colocadiños fixemos unhas letriñas, a ver se adiviñades que mensaxe queriamos transmitir... Quería que vexades que fermosa quedou a nosa entrada, chea de pombas da paz e dos refráns que escribimos entre todos/as. Por certo, e eu aí no medio, e que favorecido estou eh? Ata outra amiguiños/as!