Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2023

GAÑADORES DO CONCURSO DE CÓMICS

 Ola amiguiños e amiguiñas: Xa sei que estades todos moi nerviosos polo Nadal, falta moi pouquiño para unha chea de sorpresas...! E ímonos de vacacións! Pero non vos esquezades do concurso de cómics... Móstrovos aos gañadores, aínda que todos e todas os que crearon o seu cómic recibirán un agasallo.  Moitas grazas pola vosa participación. Sodes marabillosos/as! Ata pronto!!

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 Ola amiguiños e amiguiñas! Quérovos informar das novidades que hai na biblioteca.  Podedes vir a ler cando queirades! Lembrade que hai unha caixa de suxerencias e teremos en conta as vosas recomendacións.  Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

CONCURSO DE CÓMICS

  Ola amiguiños e amiguiñas! Xa sabedes que queda moi pouquiño para o Nadal, todos e todas estamos desexando gozar das vacacións. E eu tamén! Pero antes, dende a biblioteca Moraima, queremos propoñervos un concurso de cómic, onde eu, Celio, sexa o protagonista. Pero debo ser un Celio olímpico, non vos esquezades do proxecto de centro deste ano.  Os cómics farédelos na biblio, durante os recreos, ou tamén poderedes facelos, se o mestre ou mestra volo permite, no plan lector. Haberá agasallos para os cómics máis creativos. Animádevos a participar! Tamén serán publicados no noso blog. Teño moitas ganas de ler as vosas creacións.  Os gañadores anunciaranse o día do festival.  Clica no mural para escoitarme. Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  Ola amiguiños e amiguiñas! Sabedes? Hoxe na biblioteca estivemos falando sobre a conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade que terá lugar o día 3 de decembro.  Estou moi contento, porque moitos rapaces/as acudiron no recreo para tratar o tema. Gústame moito que vos interesedes por todas as conmemoracións e aprendamos todos/as xuntos.  O primeiro que fixemos foi falar dos términos que, ás veces, utilizamos mal... así aprendimos como debemos facelo de xeito adecuado.  Estes son algúns deles, seguramente xa sabedes cales debemos empregar.  Despois vimos o curto titulado Ian. Gustounos moito a todos/as. Invítovos a que o miredes nas vosas casas coas vosas familias.  Seguro que vos gusta moito, e ademais fainos pensar que debemos axudar e poñernos na situación de outras persoas que teñen algunha discapacidade.  Coñecimos tamén a moitos famosos/as con algunha discapacidade. Despois dímoslle cor... Ata dentro de moi pouquiño amiguiñas e amiguiños! Celio

25N

  Ola amiguiños/as: Queríavos comentar que pola conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller temos na biblioteca moitas sorpresas. O mércores, xoves e venres tratamos o tema. Vimos o conto: E dúas das rapazas voluntarias de biblioteca léronno. Fixéronno xenial! O mércores falamos sobre que lle pasaba á cincenta.  O xoves fixemos algunhas actividades coas que nos divertimos un montón relacionadas co conto. Seguro que o pasáchedes xenial! Tamén fixemos entre todos este mural tan chulo! Ata a próxima amiguiños/as!

MAGOSTO NO CELSO

  Ola amiguiños/as! Tivemos un magosto moi olímpico. Fixemos as nosas probas atléticas cos maratóns. Pasámolo en grande! Despois gozamos cos chouripáns e as castañas que nos prepararon as familias no patio. Foi toda unha ledicia! Ah! Case me esquezo, e tamén tivemos un podio onde os tres primeiros de cada categoría recibiron as súas medallas. Pero aquí todos/as somos gañadores, e o resto tamén recibiron un obsequio: o diploma por participar nas probas.  Fantástico! Ata outra amiguiños/as!  

SAMAÍN

  Ola rapazada! Xa estou aquí de novo. Quería ensinarvos o ben que fixéchedes as cabazas. Sodes uns artistas. Encantáronme! Ademais de ser terroríficas, eran deportistas! Ollade, ollade para aí... Tamén fixemos unhas pócimas espeluznantes e noxentas. Lede, lede,... Ata outra amiguiños e amiguiñas!

CHEGA SAMAÍN AO CELSO!

  Ola amiguiños e amiguiñas: Xa chega o Samaín, e a nosa biblioteca xa está preparada! Temos un montón de novidades, mirade, mirade... Hoxe contamos coa axuda  dos alumnos e alumnas de sexto e quinto que fixeron uns contacontos marabillosos nas aulas de primeiro e segundo. Estes, realizaron as ilustracións das historias que escoitaron. Mirade que bonito!!! Ata pronto amiguiños e amiguiñas!

Proxecto de centro

  Ola amiguiños/as: Case non me lembro de contarvos o Proxecto deste ano do centro! Aínda que quizáis moitos de vós seguro que xa o sabedes porque os mestres/as son moi cotillas... Pois si, o tema deste ano son as Olimpíadas! Seguro que aprendemos un montón de cousas acerca delas, e tamén nos divertiremos moitísimo... Pero mirade que riquiño estou!: Coa miña medalla, o facho (que por pouco me queimo), a miña coroa de loureiro, os aneis olímpicos,... E de fondo algúns dos paises que participan nos XXOO. Que saibade que estamos mercando libros para aprender máis sobre as Olimpíadas e poderedes consultalos moi axiña na nosa biblio. Fixádevos no andel de novidades. Ata outra amiguiñ@s!

Escritor@s sorprendentes!

 Ola amiguiños e amiguiñas: Por fin estou aquí. Estiven moi ocupado, xa entenderedes porque. Quería darvos a benvida, aínda que a nosa biblioteca abriu en outubro.  Andamos preparando todo para, canto antes, ter as mochilas viaxeiras preparadas. Este curso comezaremos antes con elas. Estivemos revisando as libretas onde podiades escribir a vosa experiencia. De verdade, encantáronme, por iso, quero amosarvos algunhas delas. Son chulísimas! Noraboa a todos/as!!!!    Espero que este curso sigades escribindo e debuxando tan ben! Ou ata quizáis, mellor...  Ata outra amiguiños/as

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

  Ola amiguiños e amiguiñas: Estou aquí de novo, pero xa sabedes que falta moi pouquiño para que remate o curso. Por un lado estou moi ledo, pero por outro... botareivos moito de menos! Non vos preocupedes, para o próximo curso prepararemos moitas novidades que vos encantarán, xa veredes... Aquí vos deixo unhas recomendacións de lecturas para o verán, espero que vos gusten e gocedes con elas. 

NOVIDADES NA BIBLIO ESTE CURSO

  Ola amiguiños/as: Este curso xa temos unha corcheira para que poidades ver todas as novas da nosa biblio. Estamos todas/os encantados con ela! Tamén gozamos dun novo mobiliario para a biblio, que empregamos este curso con toda a rapazada.  Por último comentarvos que o presuposto que tiñamos para mobiliario, e posto que xa tiñamos mobles novos na biblio, o equipo de biblioteca tivo a idea de ampliar o recuncho de lectura e xogos de mesa ó patio. Coma o queremos facer? Pois mercando as mesas de picnic que acaban de chegar. Son estupendas! Pronto estarán colocadas no noso patio, e poderán gozar, sentadiños nelas, das lecturas, xogos de mesa, escritura creativa,... Ata pronto amiguiños/as!

VISITA DE O HEMATOCRÍTICO

Ola amiguiños e amiguiñas: Onte tivemos outra visita dun autor: O Hematocrítico. Na nosa biblioteca temos unha chea de libros de el. Este ano a rapazada de 2º leu Rapunzel con piollos.  Contoulles coma empezou a escribir e toda a súa obra, incluso ata se enteraron de porque escolleu ese nome. Quedaron abraiados.  Os rapaces/zas gozaron moito con el. Están desexando que volte de novo. Grazas por todo e ata outra!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022-2023

  Ola amiguiños/as: Esta semana estivemos moi ocupados celebrando o Día das Letras Galegas, e de seguro que sabedes a quen está adicado este ano, non si? Por suposto, a Francisco Fernández del Riego, ademais xa coñecemos moito sobre el. Durante toda a semana estivemos aprendendo un montón de información sobre este ilustre escritor, aínda que non so era escritor, senon que tiña un montón de profesións máis... Empézovos a contar... O luns 15 viu ao noso centro Paco de Monforte, un escritor e profesor.  O alumnado de quinto e sexto participou na charla divulgativa na que puideron desfrutar das súas verbas. Relatounos a través de anécdotas a biografía de Don Paco Martínez del Riego. O martes 16 tivemos a sorte de gozar coa música e cantigas do grupo ABRIL no que todo o alumnado  participou.  O xoves 18 os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º fixemos un roteiro ollando os carteis das escaleiras no que  aprendimos unha chea de información sobre Fco. Fdez del Riego.  Ese mesmo día, unhas rapazas do IES