Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Ola amiguiños e amiguiñas: Xa estou aquí de novo para contarvos que onte foi o Día Internacional da Muller. Para celebralo, cada aula investigou sobre unha muller, relacionada co tema do noso centro, e despois fixeron uns magníficos murais sobre cada unha delas.  Canto aprendimos! e de que xeito contribuiron moitas mulleres co seu traballo á nosa sociedade! Móstrovos a nosa exposición... Despois faremos un gran libro con todas elas, que se poderá consultar na nosa biblioteca. Seguro que quedáchedes abraiados do que traballou o noso alumnado e da creatividade que tiveron. Na biblioteca tamén podedes consultar diferentes libros relacionados coas mulleres traballadoras e moi importantes na nosa sociedade.  Ata pronto amiguiños/as!

VISITA DE MARÍA CANOSA

  Ola amiguiños e amiguiñas: O pasado mércores tivemos unha visita moi especial, viu ó noso centro MARÍA CANOSA!  Moitos xa sabedes que é, non si? Claro, a autora de Lobo Ramón, o  libro que están a ler os rapaces de 2º.  E os que non a coñezades, aínda podedes coller na nosa biblioteca algúns dos seus libros... animádevos! Todos os rapaces e rapazas de 2º tiveron a oportunidade, en dous turnos, de poder escoitar e falar con María.  Contounos un montón de cousiñas, e tamén revelounos un pequeno segredo... Lobo Ramón terá segunda parte!  Todos/as sorprendéronse moito, e gustoulles moito esa nova. María respostou a un montón de preguntas e todos os rapaces e rapazas quedaron moi ledos.  Ó final, tamén lles adicou o seu libro a cada un.  Podedes ver as fotos... Ata a próxima amiguiños e amiguiñas!