Ola amiguiños e amiguiñas: Coma seguro que xa sabedes, hoxe foi o día de Rosalia de Castro . A nosa poetisa e escritora galega máis destacada. Lembremos que publicou a primeira gran obra impresa en galego, " Cantares galegos ". De feito, o día das Letra Galegas , celébrase o mesmo día que foi publicada esta obra, o 17 de maio . No cole, collimos a obra "La hija del mar" (1859) e traducimos ó galego un fragmento entre todas as aulas, o resultado foi estupendo. Unimos todos os fragmentos e os rapaces de cada clase leron o seu... Ensínovos o estupendo que nos está a quedar a entrada do colexio. Ademais, os rapaces de segundo, tamén traballaron con Rosalía... Fixeron uns traballiños preciosos, elexindo unha das frases pronunciadas por Rosalía... " Abre a xanela que quero ver o mar " ...