Coa colaboración da facultade de Química da Universidade de Vigo, contaremos no centro co apoio de biblioteca de tres sesións para 2º, 4º e 6º , de experimentos adecuados a primaria, programados por mestres desta facultade.
O 22 de febreiro o alumnado de 1º,2º e 4º, participará nunha sesión didáctica do programa "RUTA QUETZAL". Descubriremos co apoyo de fondo da biblioteca o universo e as galaxias, dentro do planetario móvil. PLANETARIO MÓVIL: INVESTIGAMOS O MUNDO DA ASTRONOMÍA on PhotoPeach
Decoramos a biblioteca cuha chea de corazóns e puxemos en marcha unha maleta viaxeira de novidades dende o 2º nivel. DÍA DOS NAMORADOS NA BIBLIOTECA on PhotoPeach
CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º NIVEL AOS COMPAÑEIROS DE 3º E 4º NIVEL O equipo da biblioteca contou coa axuda de cinco alumnas de 6º nivel, para facer unha lectura dramatizada do libro "BAILAR COAS NUBES" Houbo unha presentación con imaxes do libro-álbum, coa dramatización plástica da lectura e a explicación da formación das nubes e os tipos de edificios. CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º NIVEL AOS COMPAÑEIROS DE 3º E 4º NIVEL on PhotoPeach
O equipo, como complemento ás distintas programacións de aula, e a colaboración coa orientación do centro nas actividades da "cápsula do tempo", iniciou a rotación da lectura do baúl " 10 lecturas pola paz" , con novo fondo de valores e de inclusión. Comenzan a circular polo 3º nivel.