Os alumnos de 4º nivel asistiron á biblioteca públlica "Xosé Neira Vilas", ás actividades do "DÍA DA MULLER E NENA CIENTÍFICA", sempre promocionando a lectura e a investigación.
Tras estudiar o oficio de "peixeira" do proxecto do centro, o alumnado do terceiro nivel participou nun taller de costura de peixes coa colaboración dunha nai do centro. Esta colaboración tamén fomentou a lectura cun libro sobre os mexilóns de E Calandraca "Barxilón no mar de latón" TALLER DE PROXECTO "PEIXES EN FAMILIA" on PhotoPeach
Como todos os anos celebramos o "Día da Paz" no colexio. Todo o alumnado cantou unha canción do libro de "Mamá Cabra". Desde a biblioteca fomentamos a lectura cunha mochila viaxeira con dous títulos "Eduardo" e "Todos somos diferentes", con temática de valores e solidaridade. Estará catro semanas polas clases de primeiro e segundo nivel. 30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ on PhotoPeach
Os alumnos de terceiro nivel, foron ao Auditorio Municipal, e viron unha obra de teatro sobre o ciclo de mexilón galego. Esta obra foi representada por alumnos de secundaria e redactada coa colaboración do Instituto de Investigaciones Cienttíficas de Vigo. (pendente de imaxes)
Todos os anos o equipo da biblioteca elixe os libros para reconmendar no Nadal. No terceiro trimestre, teremos as actividades de animación e encontro con autores destes libros.