O mes de marzo destacamos a importancia da dramatización nas aulas. Pero é certo que durante todo o curso traballamos o teatro, especialmente nos festivales anuais. Este ano destacamos a obra de Carlos Casares "A galiña azul" de alumnos de 4º e 5º nivel. E tamén a creación de obras propias en 4º nivel de teatro musical cunha adaptación do conto "Os músicos de Bremen", titulado "Os músicos de Celso Emilio Ferreiro", con temática contra o acoso escolar.