Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2017

TALLER DE MARQUETERÍA EN FAMILIA

A biblioteca sempre colabora coas familias no deseño de actividades. Neste senso sempre aprobeitamos para coñecer un taller especializado en marquetería pertencente a unha familia de 3º nivel. Afendamos os coñecementos nas fases de elaboración de cadros e experimentamos facendo cada alumno un cadro. Moitas grazas Marta pola túa colaboración!! TALLER DE FAMILIA on PhotoPeach

UN LIBRO, UN RETO, UN COLEXIO

Todos os anos o colexio mantén un desafío lector. Todo o alumnado debe ler un libro en galego e facer o seu rexistro. Este curso será: "SALTÓN NO CAMIÑO"  de Arnold Lobel.

DÍA DE SAMAÍN NA BIBLIOTECA: "DRAMATIZACIÓN"

Como actividade final, dentro do día de Samaín, o alumnado de 3ªA3ºB fixeron unha dramatización dun conto da biblioteca A BRUXA DO DENTE de Marta Rivera, para todos os nenos e nenas do colexio. Houbo diversas actividades de promoción da lectoescritura: " V concurso de comic de medo", sobre os conflictos como tema.

DÍA DE SAMAÍN NA BIBLIOTECA: "AMBIENTACIÓN

Ambientación da biblioteca escolar e exposición de contos de medo. Como actividade final, dentro do día de Samaín, o alumnado de 3ªA3ºB fixeron unha dramatización dun conto da biblioteca A BRUXA DO DENTE de Marta Rivera, para todos os nenos e nenas do colexio. DRAMATIZACIÓN "A BRUXA DO DENTE" on PhotoPeach

DIA DA BIBLIOTECA ESCOLAR MUNDIAL 24 DE OUTUBRO

Lema da consellería "APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR" Para festexar esta data, fixemos un mural de promoción na entrada do colexio. Difundimos os carteis de B E de Galicia e entregamos un libro  do fondo novo da biblioteca. Tamén regalamos marcapáxinas.

MOCHILA VIAXEIRA DO CEFORE DE EMOCIÓNS

Grazas a colaboración do CEFORE de Vigo, o alumnado de 3º e 4º nivel, afondamos na Educación das Emocións.

BENVIDOS AO NOVO EQUIPO DE AXUDANTES NTES

Comenza un novo curso 17-18 para a biblioteca Moraima. Darvos a benvida ao novo equipo de bibliotecarios de 5º e 6º nivel, cheos de ganas e ilusións para axudarvos na promoción da lectura.

DESPEDIDA DO EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Un ano máis chegou o momento de agradecer ao noso equipo de colaboradores da biblioteca de quinto e sexto nivel o seu traballo. Como verdadeiros mediadores lectores actuaron todo o ano, sacrificando moitos tempos de lecer. Para o vindeiro ano contaremos con algúns  pero outros despidense para irse a secundaria. Moitas grazas !!!

ROTEIRO LECTOR ATA A PRAIA DE BOUZAS DE VIGO

Fixemos  unha andaina desde o colexio ata a praia de Bouzas cun dobre obxectivo, combinar o exercicio físico e o fomento da lectura. En primeiro lugar, ao chegar lemos os nosos libros no atrio da Igrexa de San Miguel de Bouzas, logo xogamos na praia e merendamos e finalmente, volvemos ao colexio andando moi contentos. Somos lectores deportistas!!!

TEATRO MUSICAL: "OS MÚSICOS DO COLEXIO CELSO EMILIO FERREIRO"

OS MÚSICOS DE 4º O mércores 7 de xuño, fixemos a dramatización da obra teatral de creación propia dos alumnos de 4º A e 4º B. Foi unha versión do libro "Os músicos de Bremen" dos irmáns Grimm da biblioteca do centro. Contamos coa colaboracion de Sergio, pai de Celia, que seleccionou as distintas pezas musicais do noso teatro musical. Foi unha experiencia gratificante dobre: escribir e dramatizar con audicións de música. Moitas grazas Sergio!!!  

FOMENTO DA LECTURA E DÍA DA ÁRBORE

AS ÁRBORES DE 3º E 4º NIVEL No terceiro trimestre, o alumnado de 3º e 4º nivel plantou e coidou dúas árbores: unha maceira e un albaricoque no xardín. Estas árbores foron mercadas coa colaboración dos alumnos de terceiro e cuarto nivel. A actividade tiña un dobre obxectivo: fomentar o Día da Árbore e  a lectura, do libro de Kalandraka  "A árbore da escola" de Antonio Sandoval.Cando medren, todos poderemos ler ao seu carón. Ler e respectar a natureza!!!

OBRADOIRO DE RECICLAXE NA BIBLIOTECA "VIGO RECICLA"

Que divertido foi aprender a reciclar coa axuda do noso coñecido DINOSETO reforzando aprendizaxes xa traballadas nas aulas!

VISITA A FARO DE VIGO

O alumnado de 4º nivel, logo de traballar a prensa nas aulas, programou unha visita guiada as instalacións do periódico vigués "Faro de Vigo". Promocionar a lectura é un obxectivo importante do proxecto lector do centro.

OBRADOIRO DA IGUALDADE

Os alumnos/as de 4º e 6ºde primaria  participaron nun  obradoiro de Igualdade que foi impartido por persoal do Concello de Vigo. Levaron a cabo dun xeito divertido diversas actividades, que tiveron como finalidade amosar que a igualdade se debe convertir nunha realidade social.

LECTURAS COMPARTIDAS DO 4º NIVEL CO CEIP SEIS DO NADAL

O martes 22 de maio, os alumnos de 4º nivel do colexio, tivemos un xornada de lecturas compartidas co CEIP Seis do Nadal no parque de A Bouza de Coia. Os nosos alumnos fixeron de padriños lectores aos alumnos de primeiro de infantil, despois de ler un conto do libro de Carlos Casares A galiña azul, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Tamén tivemos unha merenda xuntos e finalizamos con xogo no parque. Que xornada de lectura e diversión!!

LECTURAS COMPARTIDAS DO 1º NIVEL CON INFANTIL DO EEI CRISTO DA VICTORIA

O alumnado de primeiro nivel, do noso colexio tivo unha sesión de lecturas compartidas ao aire libre no parque de "A Bouza", co alumnado de 5 anos da EEI Cristo da Victoria. Fixeron a ruta a pé ata o parque, comenzaron a sesión lectura mesturados e logo tiveron unha sesión de xogo. Ao final, volta ao colexios. Que ben o pasamos!!

MES DOS LIBROS: ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O alumnado de 6º nivel  fixo a lectura do libro "Esmeraldina, a pequena defunta". A autora confirmou a orixe da precuela do libro. Respostou as distintas preguntas dos alumnos e finalmente asinou os nosos libros. Animou a ler moito todos os días. Moitas grazas, Ledicicia!!!