Hoxe, día 24 de febreiro, imos celebrar o Día de Rosalía coincidindo co seu aniversario. Na entrada do centro teremos, en exposición, ao longo desta semana un libro elaborado polos alumnos do centro no ano 2013. Toda a comunidade educativa pode botarlle un ollo a este bonito traballo. Recibiremos e despediremos aos alumnos e alumnas con música coa letra de Rosalía: - Adios ríos, adios fontes de Amancio Prada. - Campanas de Bastabales de Amancio Prada. - Negra sombra de Luz Casal e Carlos Núñez. No Plan Lector, despois do recreo, os alumnos e alumnas do centro recitarán poesías de Rosalía. Farano pola megafonía do centro. O resto dos alumnos escoitarano nas aulas e nos andares do centro. Por ciclos recitarán os seguintes poemas: - 1º ciclo: Adios ríos, adios fontes - 2º ciclo: Campanas de Bastabales - 3º ciclo: Castellanos de Castilla