Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2015

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA MORAIMA

Inauguracion cep celso em ilio ferre on PhotoPeach Tras meses de intenso traballo inauguramos o día 18 de Novembro a nosa nova biblioteca Moraima! Moitas ilusións e moito esforzo para crear un novo espazo de lectura e lecer do que puidese gozar o noso alumnado. Neste emotivo acto puidemos asistir á interpretación dunha canción por parte de alumnado dirixido por un pai e axudado nos coros por unha nai e ao recitado de poemas do escritor Celso Emilio Ferreiro que dá nome ao noso centro. Acompañáronnos neste día tan especial varias autoridades e representantes da comunidade educativa aos que lles damos as grazas pola súa presenza: o  noso inspector de educación, o alcalde, a concelleira de educación, o concelleiro de emprego, representantes do IES Álvaro Cunqueiro e da EEI Cristo da Victoria, representantes da ANPA e o anterior conserxe, Javier, que deseñou e realizou a montaxe de gran parte do mobiliario e,

GRAZAS EQUIPO DE AXUDANTES

O equipo de axudantes formado por trece alumnos/as de 5º e 6º nivel de primaria, despois de colaborar todo o ano, recibiu un obsequio da biblioteca. Moitas grazas, e ata o ano que ven. GRAZAS EQUIPO DE AXUDANTES DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

GAÑADORES DE 2º CERTAME DE TEATRO ESCRITO 2º E 3º CICLOS

O equipo da biblioteca seleccionau as tres mellores historias de teatro co tema das matemáticas. Os alumnos gañadores foron: 1º premio:       ROBERTO PRADO 6ºB 2º preimio:      GAÉL SUÁREZ 4º A 3º premio:       ERIK DOSSO 3º B

DÍA DO LIBRO 2015

Todos os anos, no día do libro, temos unha sesión de lectura ao aire libre no patio do colexio. Este ano mesturamos o alumnado do nivel en parellas de lectura, para favorecer un clima de convivencia e unión pola lectura. Aprobeitando este mes de lectura, temos expostas as novidades na biblioteca e decorada a entrada con esta celebración . DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL on PhotoPeach

ANIMACIÓN Á LECTURA PRIMEIRO CICLO

O venres día 10 de Abril o alumnado do primeiro ciclo, despois da lectura do libro  "OS CORVOS NO XARDÍN",  do escritor Aldeus Huxley,  tivo unha animación co actor Miro Pereira.

DÍA DO TEATRO

O día 27 de Marzo celebrouse o día do teatro a nivel mundial. Neste curso realízase " o segundo certame de creacións de obras de teatro" en 2º e 3º ciclos. Neste concurso haberá tres premios, que se entregarán o día das Letras Galegas. Tamén hai unha exposición de libros de teatro na biblioteca. Finalmente para conmemorar este día, tamén tivemos connosco o contacontos "PACO NOGUEIRAS", para o alumnado de 2º nivel, con tres libros de Kalandraca. DÍA DO TEATRO on PhotoPeach

DIA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celebrouse o día da poesía. O equipo programou un díptico de investigación do autor "LOPE DE VEGA", como autor de creación poética e teatral. Tamén realizouse unha exposición na biblioteca de libros de poesía. DIA DA POESIA on PhotoPeach

ENCONTRO CON ANA ALONSO

O alumnado de 2º ciclo tivo un encontro coa escritora Ana Alonso, coa colección " PIZCA DE SAL", logo de traballar catro dos seus libros e intercambialos. Esta colección prende moito interés nos alumos/as pola diversidade de historias e materiais traballados a partir delas.

DÍA DE ROSALIA

Hoxe, día 24 de febreiro, imos celebrar o Día de Rosalía coincidindo co seu aniversario. Na entrada do centro teremos, en exposición, ao longo desta semana un libro elaborado polos alumnos do centro no ano 2013. Toda a comunidade educativa pode botarlle un ollo a este bonito traballo. Recibiremos e despediremos aos alumnos e alumnas con música coa letra de Rosalía: - Adios ríos, adios fontes de Amancio Prada. - Campanas de Bastabales de Amancio Prada. - Negra sombra de Luz Casal e Carlos Núñez. No Plan Lector, despois do recreo, os alumnos e alumnas do centro recitarán poesías de Rosalía. Farano pola megafonía do centro. O resto dos alumnos escoitarano nas aulas e nos andares do centro. Por ciclos recitarán os seguintes poemas: - 1º ciclo: Adios ríos, adios fontes - 2º ciclo: Campanas de Bastabales - 3º ciclo: Castellanos de Castilla

DÍA DOS NAMORADOS SAN VALENTÍN

O 12 de Febreiro os alumnos/as de 4º nivel fixeron de contacontos para os seus compañeiros/as de 3º nivel, dos libros relacionados coa temática de amor e de rexeitamento da editorial Kalandraka: "As lentes para ver" e "As tres princesas" Os alumnos/as de 6º practicaron a expresión poética polo día de "San Valentín", sendo magníficos poetas e poetisas como leeremos nestes exemplos: Poesias from afcovelo

DÍA DA PAZ NA BIBLIOTECA

A bilioteca programa varias actividades: En principio fixemos unha exposición de libros de valores, para reforzar a lectura de libros de temática da paz e valores. Seleccionamos un libro por aula para a súa lectura en gran ou pequeno grupo. Finalmente decoramos a entrada da biblioteca, cun mural de libros seleccionados e, a nosa mascota portando a pomba de PAZ. A selección de libros é a seguinte: 1ºA     LA ZANHAORIA GIGANTE 1ºB     PEQUEÑA MANCHA 2ºA     EL REY DE LOS ANIMALES 2ºB     EL PASTOR MENTIROSO 3ºA     EL GORILA Y EL ESFUERZO 3ºB     EL CONEJO Y LA SINCERIDAD 4ºA     LA FIERA Y LA AUTOESTIMA 4ºB     EL ELEFANTE Y LA GENEROSIDAD 5ºA     TU SERÁS MI FLOR 5ºB     Y DEJÓ ESCAPAR SUS OJOS 6ºA     EL SECRETO DE LARA 6ºB     EL LIBRO QUE SE SINTIÓ SOLO

POSTA EN MARCHA DAS BIBLIOCAIXAS

O equipo da biblioteca entregou por cursos as "BIBLIOCAIXAS", para favorecer o préstamo dos libros ás aulas.

A BIBLIOTECA E A EXPRESIÓN ESCRITA NO NADAL

O segundo ciclo, programou coa orientación da biblioteca, a actividade de expresión escrita "UN CONTO DE NADAL". O alumnado de 3º e 4º nivel, escribiron un conto de fantasía do Nadal e logo fixeron unha exposición na biblioteca á volta das vacacións de Nadal.

LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Como todos os anos a biblioteca, selecciona uns títulos de recomendacións lectoras para cada nivel. Estos libros serán traballados no segundo trimestre e logo haberá un encontro ou animación co autor. Este ano, son os seguintes libros: 1º "O RAPOSO E A MESTRA" Manuel O´Rivas 2º "OS CERVOS NO XARDIN" Aldous Hwxley 3º-4º Ana Alonso, autora de catro títulos: "UN Nº MÁXICO", "CÓMO HABLAR CON TU ROBOT", "ANTES DE MEDIA NOCHE", "LOS MAGOS DEL GRAN BAZAR" 5º "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" Ledicia Costas 6º "O FÍO VERMELLO" An Alfaya