Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2014
GRAZAS AXUDANTES Agora que xa remata o curso, desde a biblioteca do Celio queremos dar as grazas ao grupo de axudantes que colaboraron durante todo o curso para facer a nosa labor un pouco máis fácil. Grazas compañeiros e disfrutade dos vosos agasallos!
CELIO XA ESTÁ AQUÍ Xa podedes comprobar a nova cara do Celio! O noso querido amigo tivo que ausentarse durante un tempo para facer un lavado de cara, que xa estaba o pobre un pouquiño vello. Pero grazas ao traballo da titoría de 5ºB nas clases de plástica xa o temos en plena forma, e no lugar que lle corresponde.
VISITA DE ANXO FARIÑA Os nenos e nenas do 3º ciclo recibiron en xuño a visita do autor dos Megatoxos, o escritor e dibuxante Anxo Fariña. O autor non so falou da súa famosa saga de libros, senón que tamén mostrounos en vivo como debuxar aos personaxes. Ademais adicounos un deles para gardar na nosa biblioteca como recordo.
VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ O 30 de maio os nenos e nenas do 1º ciclo recibiron a visita do escritor Jacobo Fernández Serrano, e puideron falar co creador do simpático Marcopola, que deixounos unha mostra do seu traballo como agasallo para a biblioteca.
GAÑADORES DO TEATRO Desde a biblioteca do Celio queremos dar a noraboa aos tres gañadores do 1º certame de teatro "O teatro dos vexetais": Sandra Noya de 6ºB, Gael Suárez de 3ºA e Ruth Digiorgio de 4ºA. Grazas polos vosos traballos e disfrutade moito dos vosos agasallos.