Ir al contenido principal

Entradas

Nova revista: O papagaio

  Xa temos connosco o xornal para xente miúda en galego: O PAPAGAIO. Dende agora poderás consultar mensualmente este xornal na biblioteca: Gozade das lecturas!
Entradas recientes

Últimas novidades en xogos

  E antes de marchar de vacacións, vos deixamos cos últimos xogos de mesa recibidos. Xa podedes empregalos durante os recreos. Saudiños  

Recomendacións de XOGOS para o verán

  E as recomendacións dos xogos de mesa son: Gozade do tempo xogando!

Recomendacións lectoras VERÁN

  Durante o verán non deixedes de ler. Aquí vos deixamos unha lista de recomendacións: Gozade das lecturas! 😊

Contacontos con David Rodríguez

  No día de onte visitounos na nosa biblioteca o autor e ilustrador David Rodríguez, autor de Superavoa. Compartiu co alumnado de 4º e 5º de Primaria un obradoiro de ilustración de monstros. Aquí vos deixamos cun resumo das ilustracións e desta xornada: Moitas grazas, David!

Novidades da man de Cuarto de Inverno

  A editorial Cuarto de Inverno fainos chegar as súas últimas novidades: Os exemplares podedes atopalos na biblioteca. Son libriños en lingua galega.  - Lola Feroz: para os máis cativos 1º e 2º de EP. - Como escorrentar a un lobo: 5º- 6º EP - As mil vidas de Dorotea:    5º- 6º EP - Burbullas de calma serena:    5º- 6º EP Gozade das lecturas! 😉

Visítanos Pablo Carreiro

  O pasado martes visitounos na escola Pablo Carreiro, un escritor e ilustrador de varios libros como Xirarei ou Lola Feroz. O alumnado de 5º de EP puido desfrutar do seu obradoiro de creación de personaxes e emocións. Dende logo, temos uns verdadeiros artistas. Moitas grazas Pablo, pola túa visita e por inspirar a rapazada! 😀